Nordés DeportivosNordés Deportivos
Actualidad
Bergantiños FC

O Bergantiños intentará xogar en Abegondo o seu partido de Copa do Rei

Entrevista a Luciano Calvo, presidente do Bergan (19/11/2021)

Entrevista a Luciano Calvo, presidente do Bergan (19/11/2021)

06:38

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1637335095_234553/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Como xa lle ocorrera na súa última participación na Copa do Rei, na tempada 2019-20, o Bergantiños non poderá desputar os seus partidos no seu campo, As Eiroas. Así llo comunicou a Real Federación Española de Fútbol pouco despois de que se realizara o sorteo que deixaba emparellado aos carballeses co Tudelano, de Navarra.

Na anterior ocasión, o 18/12/2019, con Borja Facal no banco, os vermellos xogaran finalmente en Riazor tras unha polémica moi parecida á actual. Pero desta vez é moi difícil que iso se repita, xa que alí xogará o Deportivo o 28/11 e o Victoria entre semana, polo que sería difícil ver tres encontros en menos de cinco días. Non obstante, como solución, Luciano Calvo desvelou hoxe a Radio Nordés que a directiva do Bergantiños xa ten dúas alternativas baixo á manga:

A primeira e máis posible é a de Abegondo, polo que xa hai preparada unha reunión entre Bergantiños e Deportivo para este venres pola tarde, na que se tomará esa decisión. A outra oportunidade sería desprazarse ata Santiago para xogar no Vero Boquete.

Un novo campo de herba natural no centro de Carballo

Na entrevista en Nordés Deportivos, o presidente do Bergantiños deixou tamén outro importante titular: concello e club están en conversacións para a construcción dun novo campo de fútbol no núcleo urbano. Unhas instalacións totalmente novas que terían un terreo de xogo de herba natural. "Hai catro ou cinco meses que estamos falando diso co concello e creo que xa están para iniciar os trámites", desvelou Luciano Calvo.

Escoita a entrevista completa a Luciano Calvo na entrada desta nova.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00