Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Política
Redondela

O multiúsos do Piñeiral do Crego acolle a exposición pública do proxecto das pantallas acústicas da AP9

O Concello dará a coñecer á veciñanza as alegacións que presentará ao proxecto e explicará os pasos para as veciñas e veciños que queiran presentar as súas

Pantallas Acústicas / Concelo de Redondela

Pantallas Acústicas

Vigo

O Goberno local de redondela vén de poñer en coñecemento das veciñas e veciños de Chapela que o vindeiro sábado, ás 11:30 horas, quedará exposto no multiúsos do Piñeiral do Crego o proxecto das pantallas acústicas da AP9.

Amais de poder consultar o proxecto, haberá unha reunión informativa na que participarán técnicos da empresa redactora do mesmo, onde a alcaldesa Digna Rivas dará a coñecer a veciñanza as alegacións que presentará o Concello sobre determinados temas que, ao seu entender, deberían ser mellorados.

Ao mesmo tempo, veciñas e veciñas poderán presentar posteriormente as súas propias alegacións para engadilas ás do Concello nun mesmo documento que recolla todas as melloras posibles.

Digna Rivas salientou a importancia de que a veciñanza afectada asista á reunión “de cara a buscar, conxuntamente, as mellores solucións para unha actuación que contribuirá a mellorar a calidade de vida das e dos afectados polos ruídos ocasionados pola AP9”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir