Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O xulgado declara abusivos os servizos mínimos decretados polo Concello de Vigo na folga de Vitrasa

Imagen de archivo de un autobús de Vitrasa

Imagen de archivo de un autobús de Vitrasa / Televigo

Imagen de archivo de un autobús de Vitrasa

Vigo

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano de Vigo vén de remitirlle unha carta ao Concello solicitando a redución da porcentaxe dos servizos mínimos decretados para as xornadas de folga convocadas xa que o Xulgado Contencioso Administrativo número 2 declarou abusivos os da folga de outubro.

A representación sindical entende que estes servizos mínimos “desproporcionados” vulneran o dereito a folga e unicamente atenden aos intereses patronais, tal e como constata a resolución xudicial. Ademais, baralla a posibilidade de solicitar unha indemnización polo prexuízo xerado.

Ao mesmo tempo, o comité de empresa denunciou diante da Inspección de Traballo ascontratacións realizadas neste período ao entender que que vulneran o dereito de folga. E critica que se estean reducindo as frecuencias de paso e mesmo eliminando liñas, o que na súa opinión está a degradar o servizo “ante a pasividade do Goberno local”. Neste senso, censura que esta sexa “a tónica xeral” en gran parte das concesións de Avanza, grupo propietario de Vitrasa.

Finalmente, lembra que a folga que na actualidade se desenvolve os venres e os sábados pasará a ser indefinida de luns a venres excepto festivos a partir do próximo luns día 13.“A empresa abandonou as negociacións a primeiros do mes de novembro sen ter data para unha nova xuntanza”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir