Sociedad
Diputación Provincial Pontevedra

Jan Gehl apraza a súa intervención na Facultade Ágora

O acto de clausura da Facultade Ágora limitarase ao alumnado e ocupará só o 50% da capacidade do salón de actos do Pazo da Cultura

Jan Gehl / Cadena Ser

Vigo

A Deputación vén de decidir cancelar os seus eventos con grande cantidade de público. Así se acordou no grupo de goberno seguindo o principio de prudencia ante a situación actual da COVID para evitar riscos de cara ás festas de Nadal nas que a maioría da poboación quere realizar reunións familiares. A programación prevista pola institución provincial seguirá con actividades de formato máis reducido: todas limitarán a súa capacidade a pesares da autorización do 100% dos aforamentos realizándose preferiblemente ao exterior cando sexa posible.

O primeiro grande evento afectado por esta medida será a conferencia maxistral do arquitecto e urbanista danés Jan Gehl. O relatorio ía celebrarse este xoves 16 ao abeiro da clausura da Facultade Ágora e xa estaban apuntadas arredor de 300 persoas, ademais de detectarse un fluxo crecente de inscrición que ía superar a capacidade permitida. Nos vindeiros días realizarase o aviso da anulación de maneira personalizada.

A organización decidiu renunciar a desenvolver a conferencia en lugar de realizala vía telemática -como as feitas ata o de agora ao abeiro da Facultade- debido ao interese do propio Gehl por coñecer ‘in situ’ a realidade da provincia de Pontevedra. A decisión tamén se tomou sabedores de que o público asistente está interesado na análise concreta do arquitecto sobre o traballo local en materia de mobilidade, posto que na internet existen moitas conferencias de Gehl a disposición, mais de tipo xeral e sen posibilidade de interacción.

A pesares da cancelación da conferencia maxistral de Gehl, o acto de peche da Facultade Ágora vai seguir adiante. Será extremando as condicións de seguridade, nun formato máis reducido e limitado exclusivamente ao alumnado que seguiu os seminarios dende o pasado mes de abril, que recibirá o título acreditativo de ter aprobado o exame de capacitación.

O acto, que se desenvolverá no salón de actos do Pazo da Cultura e ocupará exclusivamente ao 50% da súa capacidade, considérase de grande relevancia para poñer en valor á primeira promoción de persoal dos concellos da provincia que adquiriu coñecementos sobre a recuperación do espazo público e aumentar a calidade de vida da cidadanía.

Na apertura estará presente o padriño da Facultade, o director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Iñaqui Carnicero, ademais de representantes do goberno da Deputación, do Concello de Pontevedra e da Rede de Cidades que Camiñan.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00