Política
Mos

Nova viaxe do Concello de Mos para maiores pola Maragatería e O Bierzo

Realizarase o 11 e 12 de marzo e as persoas interesadas teñen ata o 14 de febreiro para inscribirse

Viajes mayores Mos / Concello de Mos

Vigo

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos organízase unha nova excursión para maiores incluída no programa municipal ‘É tempo de volver viaxar’. Trátase dunha ruta pola Maragatería e O Bierzo durante os días 11 e 12 de marzo, visitando Sahagún (casco histórico e Praza Maior), León (Catedral e Barrio Húmido) e Balboa e a Serra dos Ancares.

A hospedaxe será en hotel con pensión completa e os beneficiarios desta iniciativa son maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos.

Os servizos incluídos nesta viaxe son pensión completa en hotel, almorzo na Palloza, trasporte e seguro de viaxe.

Prazo e lugar inscrición: desde hoxe martes 25 de xaneiro ata o 14 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello, na OMIX ou a través da sede electrónica. Ata cubrir prazas e por rigoroso orde de entrada.

Prezo: 130 € por persoa, en habitación dobre. Suplemento por habitación individual 20 €.

Os obxectivos da iniciativa son dar resposta á demanda da cidadanía veciña de Mos que desexa volver a viaxar, facer visitas culturais e artístico históricas, favorecer o coñecemento doutras cidades e provincias, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsar a participación e integración social das persoas na comunidade, e previr a soidade.

Un aspecto moi importante a destacar deste tipo de saídas, é que fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando a súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida.

Os interesados en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00