Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

José Luis Troitiña: "El Liceo es un espacio para compartir, donde el individualismo no existe"

O xerente do Liceo destaca o valor deste espazo cultural e de socialización, que segue coa súa campaña de captación de socios

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Percorremos a historia do Liceo de Ourense

00:00:0003:31
Descargar

Ourense

Cento sesenta e tres ourensáns deciden constituír unha sociedade cultural. É o ano 1850 e froito desa iniciativa nace o Recreo de Artesanos de Ourense. Un núcleo do que agroman distintas seccións artísticas. Vinte anos despois o que hoxe coñecemos como El Liceo de Ourense situaríase definitivamente na rúa Valentín Lamas Carvajal. José Luis Troitiña é o seu xerente e fala da evolución deste espazo en paralelo á sociedade. Un espazo polo que pasou "Isaac Albéniz, Carlos Casares, a Xeración Nós ou Blanco Amor".

Actualmente o Liceo mantén aberta a súa campaña de captación de socios, que no seu cumio chegou á cifra de 2200 socios. Actualmente son 600 e por iso o obxectivo é agrandar esta familia a través de vídeos promocionais protagonizados por algúns socios.

Con esta campaña queren evitar que a continuidade do Liceo perigue. Ao longo deste semestre celebraron máis de douscentos actos, ademais conta con distintos espazos que ofrecen múltiples posibilidades. Paco Blanco é un dos socios máis antigos do Liceo, foi directivo máis de quince e anos e afirma que "yo tendría un problema si el Liceo desapareciera", pois o seu tempo xira arredor deste palacio do século XVI.

A cultura artística de Ourense tivo sempre un lugar no Liceo ao longo dos seus 172 anos de vida. Ese compromiso fai que a partir de hoxe, e só durante uns días, poidamos ver unha interesante colección de arte, no terceiro andar, catalogada pola historiadora Olga Pastor.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir