La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Nigrán

O Concello de Nigrán colabora nas Festas de Vilariño

Encádrase no programa municipal 'Música nas Parroquias', ao igual que a pasada Festa da Xuventude. A seguinte cita será San Xoan

Vigo

O Concello de Nigrán colabora coa Comisión de Festas de Vilariño na celebración das festas de San Antonio esta fin de semana a través do programa municipal ‘Música nas Parroquias’. Así, ante a non constitución de moitas comisións, o Concello ofrece por terceiro ano consecutivo a súa colaboración aportando diferentes actuacións musicais que suman en total preto de 60.000 € (destes cartos, a Deputación de Pontevedra achegará 10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos).

No caso de Vilariño, o Concello colaborou na pasada Festa da Xuventude e o fará agora coa festa patronal da parroquia. Esta arranca este mesmo venres a partir das 23:00 horas con Los Players e La Ola ADN, continúa o sábado con Miramar y Los Coleguitas (con poxas ás 18:00 horas) e finaliza o domingo 19 coa Banda de Música de Belesar ás 10:00 e despois da Misa do mediodía, cucañas e o Paiaso Popín desde ás 18:00 horas e, xa pola noite, verbena correrá a cargo do dúo D´Lider.

As seguintes citas de 'Música nas Parroquias' serán San Xoan de Panxón do 23 ao 25 de xuño, San Pedro da Ramallosa o 29 de xuño, Santiago de Parada o 25 de xullo, O Carme de Lourido o 31 de xullo, San Fiz de Nigrán o 1 de agosto, Virxe das Angustias de Nigrán o 21 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto e, finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 de setembro.

“Iniciamos este programa co Covid-19 para poder manter as festas pese a ausencia de comisións organizadoras e apostamos pola súa permanencia para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad