Política

Concellos de Costa da Morte esixen un ciclo de FP de Restauración e Hostalería

Estes gobernos locais, do PSdeG, consideran que é necesario para dar resposta ó sector turístico

Alcaldes e alcaldesas do PSdeG na Costa da Morte

Os alcaldes e alcaldesas de Muxía, Vimianzo, Cee, Camariñas e Carnota reclamaron este martes á Xunta un ciclo de Formación Profesional de Restauración e Hostalería.

Os rexedores, xunto co secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña, Bernardo Fernández, e a secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública do PSOE, Chairos Casteláns, sostiveron que é necesario dar resposta "á demanda do sector turístico" na Costa da Morte.

Coinciden nas súas reclamacións os rexedores socialistas de Muxía, Iago Toba; Vimianzo, Mónica Rodríguez; Cee, Margarita Lamela; Camariñas, Sandra Insua; e Carnota, Juan Manuel Saborido, aínda que este último non puido acudir á cita.

"Un novo insulto para esta comarca, a Xunta nega unha formación moi necesaria para dar resposta ás demandas das empresas do sector, que queren un turismo de calidade, pero necesitan profesionais", valorou Bernardo Fernández.

Chairos Casteláns lembrou que a Xunta "debe cumprir coas súas obrigacións" e que "Galicia recibiu co plan para modernizar a FP do Goberno central 114 millóns só no ano 2022".

"A cohesión territorial é fundamental para a mocidade de comarcas como esta, pero a Xunta non cumpre dándolle oportunidades para que se forme aínda que si recibe os fondos estatais", engadiu.

Por estes motivos, estes rexedores reclaman que o Goberno galego abra un ciclo de Formación Profesional de Restauración e Hostalería na Costa da Morte, engaden nun comunicado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00