Sociedad

A chegada do verán impulsa a baixada do paro na bisbarra

A cifra de desempregados redúcese en menor medida en comparación a 2021

Un camarero sirviendo una cerveza. / Pedro Arquero

A Costa da Morte

A Costa da Morte comenza o mes de xullo con menos parados respecto ao mes anterior. En total son 156 persoas as que atoparon traballo ao longo dos últimos 30 días, nunha baixada que ten unha especial incidencia na zona de Fisterra. As cifras manteñen a tendencia á baixa dos últimos meses inda que non son da proporción de 2021, onde a baixada foi de máis do dobre.

A comarca de Fisterra é a que presenta un mellor comportamiento. A baixada chega ás 98 persoas e cobra especial importancia en Cee, con 41 parados menos, seguido de Muxía (23) e Fisterra (17). Corcubión e Muxía completan esa tendencia con 9 e 8 persoas menos nas listas de desempregados. No ano 2021 a reducción fora máis drástica, chegando aos 148 no mesmo período.

Nas Terras de Soneira non son alleos á tendencia á baixa. Camariñas monopoliza o descenso deste territorio con 14 parados menos. En Vimianzo o paro baixa en dúas persoas e en Zas aumenta en tres. Son 13 desocupados menos, unha cifra inferior aos 23 do 2021.

Por último, a Comarca de Bergantiños é a que presenta uns resultados máis modestos en comparación cos otros dous territorios. As cifras falan de 17 parados menos cando en 2021 foron 179 os que abandoaron os listados do paro. Ponteceso é o que experimenta unha maior reducción (13), seguido por Cabana (11) e Coristanco (10). A Laracha e Laxe queda en 2 e 1 parados menos respectivamente. A tendencia ráchana Malpica, que suma 9 persoas desempregadas, e Carballo con once novos parados.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00