Última hora

CASO PAREJA DE AYUSO La pareja de Ayuso propuso a la Agencia Tributaria asumir 8 meses de cárcel y 525.000 euros para evitar el juicio por fraude fiscal y falsedad documental

Más deportes

O portugués David Vaz conquista de novo o Ézaro no Gran Fondo

Das participantes femininas, a máis rápida foi a galega Barca Toba

O portugués David Vaz volveu conquistar este domingo o Gran Fondo Ézaro ao marcar o mellor tempo no roteiro longo, que incluíu dous ascensos a este miradoiro da Costa da Morte polo que pasou varias veces a Volta a España e onde o máis rápido foi Samuel Blanco, cun tempo de 08:02 no primeiro asalto ao muro.

Máis de 600 participantes tomaron a saída nun día de alta temperatura no que a maioría dos ciclistas optaron polo roteiro longo que incluíu, como novidade, dúas subidas ao temible muro de formigón cun desnivel que chega ao 30 por cen.

O mellor tempo en meta marcouno un habitual nas vitorias do Gran Fondo Ézaro, o portugués David Vaz, que completou o roteiro longo en 4h38:46, seguido de Eduardo Estévez Alonso, que entrou en meta tras 4h39:13 de carreira.

No roteiro curto, o primeiro en entrar en meta foi o francés Phillipe Lle Peurien, que rodou durante 3h07:47, seguido de Roberto Heras, que alcanzou o miradoiro de Ézaro tras 3h08:02.

En canto aos tempos de subida de Ézaro, o máis rápido foi Samuel Blanco, que no primeiro paso polo muro ascendeuno en oito minutos e dous segundos, seguido de David Vaz, cun tempo de 08:14. O portugués foi o mellor no segundo paso con 09:32.

Das participantes femininas, a máis rápida foi a galega Barca Toba, que fixo o roteiro curta en 3h23:21 e subiu Ézaro en 13:05.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00