Sociedad

Roubo e persecución en Carballo e Coristanco

Esta pasada noite a policía local de Carballo logrou recuperar o botín subtraído por varios encapuchados en dous establecementos

Coche policial / Rix info@fotosadaby.com

As estradas na bisbarra volveron a ser testemuña de sendos roubos en Coristanco e Carballo. Os ladróns entraron primeiro no estanco Barca de Coristanco, logo de romper o escaparate chocando o coche contra o cristal fixéronse cunha importante cantidade de tabaco.

Inmediatamente dirixíronse á Pizzería Tutto do Centro Comercial Bergantiños de Carballo conseguindo facerse con parte da recadación da maquina comecartos. Neste caso, un veciño alertou á Policía Local de Carballo que inmediatamente acudiu ata o lugar dos feitos iniciando unha persecución polas rúas da localidade.

Finalmente os encarapuchados fuxiron a pé abandoando o botín no vehículo, un Seat León negro roubado con anterioridade. A investigación do caso xa está en mans da Policía Xudicial.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad