Sociedad

Milleiros de romeiros encheron Muxía nunha Romaría da Barca das máis concorridas

Os visitantes puideron gozar tanto da parte relixiosa como da lúdica e festiva

Xa o avisaron dende as organizacións ao longo da semana pasada, a chegada de romeiros a Muxía e Caión estaba sendo superior ao habitual. Aínda así, as previsións quedáronse curtas e a cantidade de xente que se achegou a estas localidades superou os números das últimas edicións previas á pandemia.

En xeral, segundo indican dende a Policía Local, en Muxía todo transcorreu con normalidade. Os visitantes puideron gozar tanto da parte relixiosa como da lúdica e festiva. Pero entre tantos milleiros de persoas sempre hai quen se ocupa de poñer a nota negativa, neste caso hai que salientar 2 agresións que obrigaron a trasladar a un home e unha muller ao hospital comarcal por mor das feridas sufridas. Os agresores foron identificados no lugar dos feitos.

Esta noite un accidente de trafico no lugar de Quintáns provocou o incendio do vehículo sinistrado sendo necesaria a intervención dos bombeiros para sufocar as lapas. O condutor e un dos acompañantes fuxiron do lugar dos feitos deixando ao terceiro ocupante ferido no vehículo, tivo que ser trasladado ao hospital comarcal.

O incremento no numero de persoas que acudiron a gozar das festas dos Milagres tamén foi importante con respecto aos últimos anos antes da pandemia. Dende a Policía Local indican que todo transcorreu con normalidade a excepción dun acto vandálico no paseo marítimo con danos en 15 balizas, a policía local pide a colaboración cidadá para atopar aos causantes, esta é a terceira vez que danan este mobiliario urbano nos últimos meses.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad