La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Mos

Visita ás obras de reforma integral da Biblioteca Municipal

Unha vez rematados os traballos, que avanzan a bo ritmo cun 10% do total acometido, o edificio pasará a ser bautizado co nome da poeta mosense María Magdalena

Vigo

Esta mañá realizouse unha visita ás obras de reforma integral da Biblioteca Municipal na que participaron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Carlos López Font, deputado de Réxime Interior, Economía e Facenda da Deputación de Pontevedra, María Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Política Social e Igualdade, e Participación Cidadá, Estefanía Grandal, arquitecta encargada do proxecto de reforma integral; e demais membros da Corporación Municipal mosense.

A finais do mes de xullo comezaron as obras de mellora da Biblioteca Municipal sita na Porteliña, que pasará a chamarse María Magdalena unha vez reformada integralmente.

Os traballos avanzan a bo ritmo, cun 10% da obra realizado, e nestes intres atópase en marcha a primeira fase de demolición coa que se amplían os espazos para favorecer a iluminación interior.

Pola súa banda o servizo de biblioteca está operativo na Axencia De Colocación De Mos (ANTIGO CDL): No horario habitual: de 10 a 21h ininterrumpidamente. Cos habituais servizos de: préstamo de libros, aula de lectura/estudo, e cíber. Coma sempre, disponse de exemplares das lecturas obrigatorias incluídas nos programas educativos de IES e CEIPs de Mos. O servizo de biblioteca permanecerá provisionalmente na Axencia de Colocación, ata que rematen as obras do edificio da Porteliña.

Os traballos teñen un prazo de execución de 9 meses. O Xulgado de Paz de Mos, sito no mesmo edificio da Biblioteca, tamén se reformará dentro deste mesmo proxecto. Esta reforma integral conta cun orzamento que supera os 600.000 euros, dos cales 361.031,65 € apórtaos a Deputación de Pontevedra e 250.000 € a consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia.

361.031,65 € do orzamento total financiaranse subvencionados polo Reacpon da Deputación de Pontevedra, mentres que a Xunta aportara os máis de 120.000 euros de achega municipal para o Reapcon, e unha contía a maiores (130.000 euros) para ampliar o proxecto de mellora, incluíndo o acondicionamento dun novo espazo de biblioteca para uso exclusivo infantil, co fin de fomentar a lectura na primeira infancia. Espazo para contacontos, esparexemento, lecer e lectura. Un recuncho exclusivo evitando os ruídos nas outras zonas da biblioteca.

Para elo a Xunta asinou un convenio co Concello de Mos para adaptar á Biblioteca ás novas necesidades dos usuarios e reforzar e actualizar os servizos culturais de proximidade. A Xunta achegará 250.000 euros, para dotar o centro de recursos vinculados á innovación e dixitalización, así como para reforzar a sustentabilidade e uso de enerxías alternativas. Adaptar o espazo ás necesidades actuais da poboación, incluíndo un espazo infantil de lectura, unha sala de estudo, zonas de informática, etc... Con cargo a este convenio coa administración autonómica tamén se dotará de novo mobiliario, que incluirá cadeiras e mesas ergonómicas para as zonas de estudo, así como para a zona infantil adaptadas ás dimensións dos nenos. Ao mesmo tempo, mellorarase a iluminación individual das zonas de traballo, acondicionarase un espazo pechado de estudo, así como a zona infantil con chan téxtil e teito acústico. Ademais, incluirase un novo sistema audiovisual con proxector e pantalla para presentacións e exposicións.

Hoxe en día a biblioteca municipal de Mos é un referente para os habitantes tanto do Concello como dos concellos limítrofes ao dispor dunha base documental de máis de 22.100 exemplares. Ademais, neste edificio sitúase o único lugar con ordenadores de acceso gratuíto na zona, o que supón unha grande axuda para as persoas que non teñen dispoñibilidade de acceso á rede da internet nos seu fogares, tanto para adultos como para a mocidade que acode a realizar traballos escolares e tarefas de estudo.

Unha vez rematada a reforma integral da Biblioteca Municipal, pasará a ser bautizada co nome da Poeta María Magdalena, emblema das letras mosenses, falecida en agosto do ano pasado. ‘Biblioteca Municipal María Magdalena’, así se chamará o edificio sito na Porteliña, parroquia de Petelos, que alberga tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello reformará mediante este proxecto de mellora integral. O proxecto da mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz de Mos, é autoría da arquitecta local Estefanía Grandal e de Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto. Grandal é unha arquitecta en pleno despunte profesional, por ter recibido dous premios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad