As Cabalgatas de Reis de Vigo contarán con 11 carrozas inspiradas en filmes infantís
A Xunta de Goberno de Vigo aprobou outorgar 141.977€ en axudas municipais á creación de empresas.

Archivo.

O 5 de xaneiro desfilarán polas rúas da cidade 11 carrozas que teñen como tema central os filmes infantís, na que seis delas pertencen a colaboración empresarial.
Como xa avanzou o rexedor que Vigo terá novamente este ano dúas cabalgatas. A estática que terá lugar o 5 de xaneiro na Avenida de Castelao, dende as 11:00 ata as 15:00 horas. Pola tarde, a comitiva real percorrerá as rúas da cidade a partir das 17:00 horas, realizando un traxecto que a levará pola Praza de América, pasando pola rúa López Mora, rúa Pi i Margall e o Paseo de Alfonso, finalizando en Falperra e Cachamuíña. A recepción posterior que ofrece o Concello aos Reis Magos será na Porta do Sol as 21:00 horas.
Axudas municipais a creación de empresas
O Concello de Vigo outorgou axudas municipais á creación de empresas no ano 2022. Como explicou Abel Caballero, “concedemos axudas a 80 empresas por un importe total de 142.000 euros”, na que as empresas podían obter ata un máximo de 3.000 euros por solicitude. A finalidade desta convocatoria é apoiar aos novos emprendedores nos gastos que supón poñer en marcha un negocio, xa que “Vigo é unha cidade de empresas”.




