La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad

As Neves cede temporalmente unha casa a unha familia en situación de exclusión social

As 6 persoas beneficiadas non tiñan capacidade económica para acceder a un aluguer

La concejala de Servizos Sociais, Pilar González, y el alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, supervisando el estado de la casa que ceden a una familia en riesgo de exclusión social.

As Neves

O Goberno local das Neves ven de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario e co informe favorable dos Servizos Sociais do concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide, a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro.

Esta familia está composta por seis membros, dous adultos e catro fillos que vivían, ata hoxe, nunha situación extrema, nunha vivenda sen unhas condicións mínimas de salubridade. Así, aínda que sempre tentaron acceder a unha “vivenda normalizada”, non tiveron posibilidade de formalizar un aluguer, posto que o mesmo esixe a presentación de contrato laboral, fianza, seguro ou aval bancario, dos cales esta familia non dispón.

Á vista da gravidade destas circunstancias, o Concello estimou a incorporación desta familia ao Programa de Vivenda Baleira; de xeito que poidan dispoñer desta casa por un período máximo de 2 anos, facéndose cargo dos gastos de auga, luz, alcantarillado, lixo e o mantemento da mesma; conservándoa en bo estado, ocupándose da súa limpeza e destinala, unicamente, a residencia, onde os Servizos Sociais do concello farán un seguimento. A vivenda está completamente amoblada e que dispón de electrodomésticos, calefacción e auga quente.

Non é a primeira vez que o Goberno local atende a necesidade urxente: hai xusto un ano cedeu, de xeito inmediato, outra casa para unha familia que perdera a súa nun incendio no que, traxicamente, falecera o pai.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00