Sociedad

Yolanda: "No Centro Interxeracional o ritmo das actividades está marcado polas crianzas e as maiores"

A directora da escola infantil da Farixa cóntanos, xunto coa traballadora social e as persoas usuarias, como está a funcionar o Centro Interxeracional da Farixa, un dos poucos que hai en España

Visitamos o Centro Interxeracional da Farixa

03:30

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1673630799204/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ourense

Ourense ten en funcionamento, dende marzo de 2019, cun dos poucos Centros Interxeracionais que hai en España. Trátase dun conxunto formado pola escola pública e o centro de día concertado que se sitúan na Farixa. Adriana é traballadora social e explícanos que entre os obxectivos fundamentais está "o intercambio, a adaptación e a aprendizaxe".

Á relación entre as nenas e nenos da escola infantil e das persoas maiores usuarias do centro de día que se xesta neste espazo, súmanse experiencias con outros centros educativos. Os beneficios espállanse así a outros contextos xerando beneficios mutuos e a nivel comunitario. Dan conta diso Francisco, Sinda e Teresa que salientan a importancia que ten para eles falar cos pequenos, xogar e colaborar en tarefas.

Entre os pequenos, o caso de Xoel, quen na súa vida cotiá non ten oportunidade de interactuar con persoas doutras idades, alén dos seus pais. De feito, o seu pai Manuel subliña a importancia que ten a perspectiva interxeracional na educación do seu fillo.

Neste espazo común o ritmo das actividades compartidas está marcado polos usuarios. A naturalidade é unha das premisas e, nesa naturalidade, agroma tamén o conflito. Yolanda, directora da escola infantil Galiña Azul da Farixa explica que "se non queres ir onde aos nenos e ti non queres que te collan no colo, non pasa nada. Os conflitos se o levamos de xeito natural, non son tanto conflitos porque eles toman a decisión do que queren facer".

O Centro Interxeracional constitúe así unha oportunidade para que persoas de distintas idades interactúen, nunha sociedade na que a segregación por franxas é unha constante.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad