José Manuel Pequeño non se presentará á reeleción como alcalde de Dumbría
Anuncia o seu adeus lonxe da Costa da Morte
José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría dende hai case 40 anos, non se presentará á reeleción nas próximas elecións municipais.
A decisión foi comunicada aos compañeiros do grupo municipal logo do último pleno sinalando ao tenente de alcalde, Raúl González, coma seu sucesor. González confirma a información pero aclara que deberán ser os compañeiros de partido en asemblea os adopten esa decisión xa que cabe a posibilidade de que outro compañeiro opte ao posto de candidato.
Curiosamente a noticia mantívose en segredo ata hoxe, cando o propio alcalde decidiu en lugar de facer unha despedida oficial, comunicarllelo aos compañeiros que acudiron a FITUR. No PSOE provincial mostraron a súa sorpresa ao Non agardar un novembro así nin unha comunicacion con estas formas. Ese raro xeito de facer pública a noticia sorprendeu a veciños e compañeiros de partido que manifestan non entender como se pode poñer punto e final a unha traxectoria tan longa "pola porta de atrás".