Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Ocio y cultura

Goián celebra as conexións culturais da lusofonía e Galicia

O espectáculo titulado "A República dos Sonhos" contará coa música en directo de Uxía

Entrevista a Daniel González, presidente del Igadi

Entrevista a Daniel González, presidente del Igadi

12:09

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1674221057405/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tomiño

A Deputación de Pontevedra e o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) celebran este sábado 21 unha gala-espectáculo en Goián para por en valor as conexións culturais da lusofonía e Galiza, facendo especial fincapé no territorio transfronteirizo do Miño. O evento, que será conducido pola xornalista da TVG Esther Estévez (presentadora do ‘Dígocho eu!’), contará coa música de Uxía e a participación de convidadas sorpresa, tanto en directo como online.

A cita será ás 20:00 horas no senlleiro Centro Goianés, no Concello de Tomiño, e será retransmitida en streaming pola canle da Deputación de Pontevedra. O título, inspirado na novela da escritora recentemente falecida Nélida Piñon, servirá tamén coma un homenaxe urxente á escritora, coa que a organización do evento estaba a colaborar para a celebración da actividade. O guión foi elaborado por Tino Santiago e Alberto Mancebo, que subliñan que a gala “é máis un espectáculo ca unha disertación”. Explican que se trata dun percorrido polo mundo cultural dos países que falan portugués “pois por detrás, ou por riba, dos circuítos comerciais, da xeopolítica, dos xogos de poder, as relacións entre os países, entre as persoas, descansan nos relatos que compartimos: as cousas que nos emocionan, o que nos fan rir ou chorar, as esperanzas e os temores…”.

Contarase con convidadas ilustres, conexións internacionais e música, para descubrir “que somos países diferentes… pero non somo estranxeiros”. Entre as intervencións estarán o historiador Ramón Villares, o xornalista Julián Rodríguez ou Carmen Villarino, entre outras iniciativas e sorpresas, como un espazo de falsos amigos entre o portugués e o galego. As persoas interesadas en asistir presencialmente ao acto poden reservar a súa praza en info@igadi.gal, que será concedida por orde de solicitude, xa que a capacidade é limitada.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad