Ribadavia agarda liquidar as súas débedas cos bancos neste exercicio
O Concello de levará a Pleno o orzamento 2023 que ascende a 5,2 millóns.
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/EAI5YPUGBZFAZPFAKATGQA7KOU.jpg)
Vista de Ribadavia / GoogleMaps
Ribadavia
O Concello de Ribadavia levará a Pleno o orzamento 2023 que ascende a 5,2 millóns. Haberá contención no gasto co obxectivo de pechar os préstamos bancarios iniciados en 2013, como consecuencia da Lei 27/2013. Posibilitando así o aforro de case medio millón de euros que estará dispoñible para investimentos do ano 2024. O orzamento 2023 faise sen subir ningunha taxa nin imposto municipal.
Outros dos obxectivos fixados nestes orzamentos son: Posibilitar a estabilidade dos traballadores municipais e facer fronte a subida dos salarios, sobre todo dos máis baixos. E é que apenas uns anos atrás un número importante da Plantel cobraba por debaixo dos 1.000 euros
e blindar os investimentos iniciados en 2021 e 2022, destacando a obra de saneamento, subministro e beirarrúas en Regodeigón, cunha aportación municipal de máis de 116 mil euros para rematar o investimento da CHMS no noso municipio.
Por último, apostar pola contención no gasto, co obxectivo de facer fronte aos prestamos que rematan neste exercicio, entre outras metas