Hoy por Hoy Vigo
Sociedad
Música galega

Sés: "No estudio son moi feliz"

A artista chega a Vigo co seu disco Diante un eco

Entrevista a la cantante Sés

Vigo

Ela é unha voz furacanada que no directo vense aínda máis enriba. Rock e folk a partes iguais, as súas letras son das que remexen conciencias e tentan espertar á xente. No seu novo traballo, una vez máis, Sés é quen de pórse fronte aos discursos de odio, excluíntes e totalitarios. A cantante e compositora galega presenta 'Diante un eco', o seu oitavo disco que é, tal e como ela o define, unha volta ás orixes, pero coa bagaxe da experiencia acumulada durante a súa traxectoria. Malia o seu xa longo percorrido no mundo da música, Sés ten claro que aínda lle queda moito por facer: máis traballos e máis cancións. Desfruta coa composición e goza dentro do estudio de gravación, onde se declara feliz, e iso nótase.

Con este lanzamento nace un proxecto reivindicativo coa marca persoal de Sés, pero con temas que transmiten moito ritmo e ledicia. Con Sés falamos de todo un pouco no Hoy por Hoy Vigo antes do seu concerto no Teatro Afundación de este sábado.

Jacobo Buceta

Periodista de Radio Vigo-Cadena Ser desde 1998....