Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Sergas incorpora 43 novos profesionais no seu plan de acción de Atención Primaria na área sanitaria de Vigo

Nutricionistas, profesionais de enfermaría e persoal de servizos xerais ofertan novas prestacións nos centros de saúde da área viguesa

O Servizo Galego de Saúde está a realizar un gran esforzo na mellora da Atención Primaria na Área Sanitaria de Vigo, a través do incremento dos recursos humanos e da introdución de importantes cambios organizativos e asistenciais.

Así, nas últimas semanas, a Xunta de Galicia ven desenvolvendo un Plan de Acción de Atención Primaria, un conxunto de medidas para continuar reforzando este nivel asistencial, atendendo ás actuais demandas da poboación galega. Entre esas medidas cabe subliñar a incorporación de 43 novos profesionais aos centros de saúde da área: 15 nutricionistas, 16 PSX e 12 profesionais de enfermaría para os Equipos de Soporte de Atención Domiciliaria (ESAD) nas zonas rurais e semirrurais.

Neste contexto, o xerente da Área Sanitaria, Javier Puente, está visitando os centros de saúde, reuníndose cos equipos de profesionais para comprobar a integración dos novo persoal e analizar a súa actividade. O obxectivo destas xuntanzas é “facer un balance conxunto tras estas primeiras semanas de actividade e, sobre todo, escoitar as súas percepcións acerca da acollida destas novas prestacións por parte da poboación, así como as súas necesidades e propostas de mellora”.

15 Nutricionistas para coidar a dieta

A principios de ano, os centros de saúde da área de Vigo estrearon a figura do Dietista Nutricionista, titulados universitarios en Nutrición Humana e Dietética que por primeira vez incorpóranse á atención primaria, dando cobertura a toda a poboación da Área Sanitaria de Vigo.

A dotación destes 15 profesionais ten por obxecto ofrecer educación nutricional para mellorar a dieta dos pacientes. Atenden de forma prioritaria aos doentes -adultos e pediátricos- con patoloxías crónicas como sobrepeso ou obesidase, diabetes tipo 2, hipertensión arterial ou colesterol alto.

16 PSX para a atención administrativa

Ademais, o Sergas tamén estableceu accións para fomentar unha mellora integral da atención administrativa, promovendo a atención persoalizada para dar unha mellor resposta ás necesidades individuais de cada cidadán e implementando medidas organizativas que diminúan a brecha dixital.

Nesta liña, dotouse aos centros de saúde de 16 novos PSX (persoal de servizos xerais), que teñen a función de informar aos usuarios dos recursos tecnolóxicos dispoñibles e ensinarlles o manexo das diferentes aplicacións e plataformas tecnolóxicas da administración como a Chave-365, Uso App, E-saúde, obtención de informes e ITs etc.

2.650 pacientes inmobilizados do rural reciben atención domiciliaria

Outra das medidas que están xerando máis impacto na atención á poboación é a posta en marcha de 6 novos Equipos de Soporte Atención Domiciliaria (ESAD) para reforzar e mellorar a atención aos pacientes crónicos nas zonas rurais e semirrurais.

Os novos equipos están integrados por un total de 12 profesionais de enfermaría -2 por equipo- que traballan apoiando as funcións que realiza o persoal dos centros de saúde das zonas rurais e semirrurais. Así, traballan de forma integrada e coordinada con estes profesionais de atención primaria (medicina, enfermaría, traballo social, farmacia, odontoloxía ou nutrición) para atender aos pacientes máis vulnerables e fráxiles.

Dan cobertura a toda á poboación da área sanitaria, apoiando aos servizos de Atención Primaria de A Cañiza, Redondela, Cangas, Moaña, Porriño, A Guarda, Ponteareas, Tui, Val Miñor, Lavadores, Coruxo, Matamá e Sárdoma.

A día de hoxe teñen identificados a un total 2.650 pacientes inmobilizados aos que se lles presta asistencia domiciliaria, en quedas de mañá e tarde. Os ESAD están dotados con 6 vehículos corporativos que facilitan os seus desprazamentos, material sanitario e equipamento diagnóstico e tecnolóxico propio.

Estes Equipos de soporte de atención domiciliaria realizarán de xeito proactivo valoracións integrais a determinados pacientes inmobilizados coa finalidade de detectar potenciais problemas clínicos ou sociais que requiran de intervencións por parte dos equipos de atención primaria. Os profesionais dos centros de saúde emprazados nos concellos de ámbito rural e semirrural poderán solicitar de xeito autónomo o apoio dos ESAD cando o consideren preciso para resolver situacións clínicas concretas.

A creación destes equipos ESAD, permite que o Servizo Galego de Saúde se marque como obxectivo na atención primaria para este ano 2023 un incremento dun 50% da actividade asistencial prestada polos profesionais sanitarios no propio domicilio do paciente con respecto ao pasado ano 2022.

Todo isto contribuirá a aumentar a capacidade resolutiva da atención primaria no ámbito domiciliario, reforzando a atención sanitaria nas zonas rurais e semirrurais xeograficamente dispersas e impulsando a actuación dos profesionais de enfermería na organización asistencial da atención domiciliaria, nun contexto de traballo colaborativo co resto de profesionais que conforman os actuais equipos de atención primaria.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir