Lores: “Pontevedra volve despegar a nivel económico despois da crise provocada pola pandemia”
O alcalde de Pontevedra fixo esta mañá unha radiografía da actividade económica da cidade


Lores deixou claro que Pontevedra despega tras a pandemia, sobre todo tendo en conta a chegada de importantes superficies comerciais como os supermercados que indican que hai mercado na capital.
Lores puxo como exemplo a chegada da fima Aldi, que instalará dúas tendas en Pontevedra, así como a construción de tres residencia de maiores. A construción destas residencias, e os postos de traballo que xerarán, indican segundo Lores, que estes próximos anos crearanse en Pontevedra 1.500 postos de traballo.
«Se vemos os datos dos anos 2021 e 2022, e comprobando todas as actividades deste tipo, podería resaltar, por exemplo, as dos supermercados, superficies que se instalan onde detectan dinamismo económico logo de estudos de mercado rigorosos, como foi o caso do Gadis de Benito Corbal, que ampliou enormemente o seu local coa mudanza de ubicación, ou as peticións de Aldi para abrir até dous supermercados, en Vialia e na Avenida de Lugo», sinalou Lores.
Doutra banda, a cidade na actualidade conta con tres residencias da terceira idade en construción, dúas privadas e unha pública, que están xerando un movemento económico importante e o día de mañá ofrecerán centos de posto de traballo. «Imos máis que a duplicar a capacidade das residencias existentes nos vindeiros anos. Van xerar postos de traballo permanentes para a súa xestión».
No ano 2021 e 2022 Pontevedra logrou igualar, e mesmo superar, as cifras dos anos 2018 e 2019 á hora de emitir licenzas de apertura para negocios e actividades comerciais. Así, entre os anos 2021 e 2022, o Concello atendeu 244 peticións de licenza de título habilitante de apertura, namentres que nos anos 2018 e 2019 foron algo menores, 239.

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




