Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Teatro infantil e baile de disfraces para o luns de Entroido en Nigrán

O Concurso de comparsas foi aprazado para o venres 24 ás 21:00

O Concello de Nigrán ofrece este luns 20 de Febreiro no Auditorio Municipal de 17:30 a 19:30 un entroido infantil para nenas e nenos de 3 a 16 anos baseado no teatro de sombras. O público asistente, que pode acudir disfrazado, investigará de xeito autónomo o funcionamento da proxección da luz nos corpos e nas superficies, texturas, cores, formas... O obradoiro iniciarase cunha pequena presentación das 4 persoas que acompañarán este espazo, ademais de amosar os materiais e as posibilidades do xogo, establecéndose grupos en distintos espazos e propostas que irán rotando.

A programación municipal do entroido de Nigrán continúa o martes 21 de Febreiro ás 18:30 tamén no Auditorio Municipal cun baile de disfraces con música en directo do trío Azar. Este está pensado para todos os públicos e incluirá premios para o disfrace máis divertido, o máis elaborado e a parella máis danzarina.

Aprazado o concurso de Comparsas

O Concello de Nigrán aprazou o tradicional concurso de comparsas previsto para este sábado 18 ao venres 24 de febreiro ás 21:00 horas ante a nova do falecemento hoxe de Javier Martínez Giráldez pescando en Monteferro, veciño de Parada moi coñecido en todo o municipio. O Concello abriu ata o vindeiro martes 21 a posibilidade de que se inscriban novas formacións, que se sumarían ás 13 que xa o estaban.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir