Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Salceda porá o broche ás festas co concurso de filloas “Saborea o Entroido”

O concurso enmárcase dentro do Programa de Dinamización Comercial #ConSalceda

Por segundo ano o concello de Salceda de Caselas, en colaboración con ACISA, pon en marcha o concurso de filloas “Saborea o Entroido” os días 24, 25 e 26 de febreiro na hostalería local, dentro do Programa de Dinamización Comercial #ConSalceda.

Os establecementos participarán no concurso a través das dúas categorías existentes, filloa doce e/ou filloa salgada como na anterior edición.

Participarán os seguintes establecementos: O Recuncho, A Tixola Salceda, La Marujita, La Vinoteca Salceda, Asador O Fogar da Rosa, La Jala, A Calustra, Bodeguilla Z9 e Café Arruda.

Ademais dos premios á hostalería, as persoas que gocen das filloas e voten a mellor filloa salga e a mellor filloa doce nestas datas participarán no sorteo dun agasallo. Dito sorteo se realizará no momento da entrega dos distintivos aos establecementos gañadores.

O horario no que cada establecemento participante servirá a súa filloa estará exposto no propio local, no resto do comercio local así como nas redes sociais do concello e na páxina web.

Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de comercio: “Convido a achegarse a Salceda e participar nesta ruta gastronómica na que a nosa hostalería local nos ofrecerá distintas opcións de preparación deste manxar que porá sabor ao peche do Entroido salcedense”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir