Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

Arantza Portabales: "A novela fala da xente que non é capaz de pasar páxina na vida"

"O home que matou a Antía Morgade" conta a historia de seis amigos que se reencontran despois de vinte anos

Arantza Portabales fala da dor e do loito na nova entrega de Abad e Barroso

Arantza Portabales fala da dor e do loito na nova entrega de Abad e Barroso

14:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1677501912527/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2021, seis amigos, antigos compañeiros nun piso de menores tutelado pola Xunta, reencóntranse nunha cea. Durante o espectáculo pirotécnico dos fogos artificiais, un deles morre dun disparo.

Este é o arranque ó máis puro estilo Agatha Christie, dunha historia que vai e vén do presente ó pasado mentras o inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso tratan de dar co asasino. A novela ten un ritmo trepidante e fala "da dor, do loito, de como superar a morte, de como hai xente que vive ancorada no pasado e non é quen de pasar páxina", conta a autora na entrevista no Hoy por Hoy Santiago. Portabales fuxe da corrección política unha vez máis con Santiago Abad que, nesta entrega, segue loitando contra o seu problema de falta de control da ira, agudizado pola tensa relación que mantén coa súa compañeira Barroso e a entrada en escea do comisario Veiga

Compostela, a cidade na que transcorre a acción da novela é tamén moi protagonista no relato. A autora ubica a acción por toda ela, dende a comisaría de Rodrigo de Padrón, ata a Algalia, a rúa na que vivía o grupo protagonista, pasando polos barrios de vista Alegre, Galeras, San Lázaro ou mesmo, fóra da capital, Sigüeiro e Cacheiras. Algúns dos seus recunchos xa merecen a atención dos lectores. "A xente entra na Horta do Obradoiro e pregunta cal é a mesa na que morre a personaxe da miña novela", contaba Arantza en referencia a un comentario que lle fixo Kike, copropietario do restaurante.

"O home que matou a Antía Morgade", foi editada por Galaxia en galego e Lumen en castelán, saiu á venda o dezaseis de febreiro e xa vai pola segunda edición.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00