La Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Igualdade

Comeza o "Mes Violeta" de Nigrán

O concello presenta a súa programación pola Igualdade de Xénero

O Concello de Nigrán abre este sábado 4 de Marzo a programación especial do 'Mes Violeta' cunha morea de actividades destinadas a concienciar sobre a igualdade de xénero entre público infantil, adulto e adolescente, téndose deseñado para chegar así a toda a veciñanza e sendo a maioría abertas ao público e outras destinadas específicamente aos centros educativos.

A programación elaborada para as vindeiras xornadas será a seguinte:

  • Sábado, 4 de Marzo
  • O sábado ás 19:00 horas no Auditorio Municipal terá lugar a representación da obra de teatro científico ‘Que traballo tan curioso!’, unha creación dirixida a público infantil, da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza esta obra como investigadora, convidando o público a que adiviñe cal é a súa profesión. A obra encádrase no proxecto 'Ciudad Ciencia'.
  • Mércores, 8 de Marzo
  • Marcha de Mulleres desde a Praza do Concello ás 12:00 para participar na Ramallosa na concentración das 12:30 horas.
  • Domingo 12 de marzo
  • Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. Espectáculo cómico. 'Sexo débil, o carallo!' a cargo da actriz e monologista Arantxa Treus, premio Fetega á mellor monologista cómica en 2020, coñecida por series de televisión como Serramoura ou Fariña. É un show de comedia na que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres...
  • Domingo 19 de marzo
  • As 17:00 horas no Auditorio Municipal. Proxección cinematográfica do filme "Valentina". A progagonista soña con ser trapecista e cree que por ser Down non poderá conseguilo. A súa aboa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as orúgas consiguen converterse en maripósa nada é imposible.
  • Sábado 25 de marzo
  • Ás 10:30 h. no Auditorio Municipal. Scape room "Desmontando a desigualdade". As persoas interesadas deberán inscribirse previamente por grupos (informarase convintemente). Os/as participantes deberán resolver varios retos relacionados coa desigualdade entre mulleres e homes, os estereotipos e roles de xénero, a biografía de mulleres relevantes en distintos ámbitos de coñecemento ...
  • Xoves, 30 de Marzo
  • Proxección especial dunha película seleccionada entre o Concello de Nigrán e o 'cine-club Val Miñor Alice-Guy' ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Ao longo de todo o mes estará a disposición da veciñanza a Estantería Violeta na Biblioteca Municipal. Selección de libros do fondo municipal con temática de igualdade, autoras femininas...

Os días 7, 8 e 9 de marzo, se desenvolverá o espectáculo 'Lúa queres ir a ... Marte!' en sete centros educativos do Concello de Nigrán durante a xornada escolar. Lúa a protagonista desta peza quere ser astronauta e viaxar a Marte. Grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas son o seu referente para enfrontarse aos impedimentos que lle queren impoñer. O 9 de Marzo no CEIP Arquitecto Palacios, dentro do programa 'Violencia Zero' da Deputación de Pontevedra, terá lugar a peza performativa 'Flamma' con texto en sistema de sonido, performance, vestiario-escultórico e danza. Para reivindicar que o noso corpo é noso, que é violentado incluso nos seus procesos máis propios, xulgado, maltratado, agredido.