Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Política

A Eurocidade Tui-Valença examina a educación de España e Portugal

Un congreso internacional abordará as reformas educativas de ambos países no contexto transfronteirizo

Entrevista a Sonsoles Vicente, concejala de Cultura de Tui, por el I Congreso Internacional de Educación

Entrevista a Sonsoles Vicente, concejala de Cultura de Tui, por el I Congreso Internacional de Educación

07:46

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1678368165957/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tui

O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto. Neste congreso colaboran, entre outras entidades, o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, a Deputación de Pontevedra, Educación 3.0 e a Xunta de Galicia.

O simposio fixa coma obxectivos analizar os retos das dúas reformas educativas levadas a cabo en España e Portugal, abordando a aprendizaxe competencial, a avaliación por desempeños, os ODS, a inclusión DUA e a profesión docente. Busca amais difundir o traballo que nesta liña se está a desenvolver nos dous países. Tamén persegue constituír unha rede de centros, de docentes e de servizos socioeducativos municipais no contexto das eurocidades, e tecer alianzas sobre sustentabilidade e patrimonio nesta asociación de municipios de dous países.

Xornada en Valença

O catedrático de Didáctica da UNED e exasesor de Educación do Banco Mundial, Juan Manuel Moreno Olmedilla será o encargado de impartir a primeira ponencia o venres ás 18.30 hora española no auditorio da ESCE en Valença. Abordará “As claves internacionais das Reformas educativas no mundo”.

Esa mesma tarde, ás 19.15 h ES Mónica Domínguez, directora general de Evaluación y Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e FP, e Maria João Horta, subdiretora geral na Direção-Geral da Educação, no Ministério da Educação de Portugal abordarán “As claves das reformas educativas en España e Portugal”. A primeira xornada do congreso pecharase ás 20.30 h ES co panel de expertos das dúas reformas co título “O debate curricular sobre o perfil de saída e outras claves nas Reformas de Portugal e España”. Intervirán José Moya Otero, da Universidad de Las Palmas, e Ariana Cosme da Universidade do Porto.

Xornada en Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado a segunda xornada do I Congreso Internacional de Educación. Antonio Sampaio da Nóvoa, reitor de honra e profesor da Universidade de Lisboa, será o encargado de abrir a xornada coa ponencia “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente” dende ás 10:30 h ES.

Ás 11:15 h ES o CEIP nº1 e o IES San Paio presentarán o panel de experiencias competenciais que desenvolven nestes centros educativos tudenses. A xornada matinal pecharase abordando a “Avaliación competencial e perfil de saída. Ferramentas dixitais por escolas”, contando coa intervención de Eusebio Machado por parte de Portugal, e de Javier Cortés e José Antonio Gómez, especialistas en avaliación e plataformas dixitais.

A actividade retomarase ás 16.30 h con “Sustentabilidade, inclusión e D.U.A no cambio educativo escola-familia-comunidade. Situacións para a aprendizaxe inclusiva” coa participación de Antonio Bolívar, catedrático de Didáctica da Universidade de Granada, Florencio Luengo, coordinador xeral do Proxecto Atlántida, Luísa Ucha, do gabinete do Ministerio de Educación de Portugal, e Juan de Dios Fernández de Atarfe de Granada. A clausura e presentación das conclusións deste congreso está prevista para as 18.45 h co título “Cara a unha alianza reforzada: consello de sustentabilidade e patrimonio”.

Esta actividade vai dirixida a docentes, alumnado universitario, técnicos municipais, axentes educativos, ANPAS, sindicatos, grupos de innovación e editoriais e público en xeral que deberán formalizar a súa inscrición gratuíta a través do formulario habilitado en http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00