Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ábrese o prazo de inscrición para os postos da XXXVI edición da Festa do Choco

A Festa do Choco de Redondela volve ao Campo da Feira con total normalidade despois das restricións da pandemia

O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para aqueles establecementos interesados en participar na celebración da trixésimo sexta Festa do Choco que terá lugar entre o 11 e o 14 de maio e que, unha vez levantadas todas as restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa con total normalidade. As bases para participar publicáronse no BOP do venres 10 de marzo e os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro ata o 27 de marzo.

A alcaldesa Digna Rivas apunta que a Festa do Choco de Redondela “está considerada Festa de Interese Turísitico de Galicia e busca promover o patrimonio cultural e gastronómico do municipio. Unha festa que representa a identidade de Redondela e que recupera a súa normalidade, esperando un aumento considerable da participación”. Rivas quixo adiantar as sorpresas que traerá esta edición, “cun programa completo, con actividades para tódalas idades e que incluir orquestas, Showcookings e concertos ao longo da fin de semana”.

As bases para os postos de degustación, venda e promoción da Festa do Choco 2023 poden atoparse no seguinte enlace: http://redondela.gal/gl/anuncios. O prazo de presentación de instancias está aberto ata o 27 de Marzo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir