Mos amplía o espazo de estacionamento en Puxeiros
A zona de aparcadoiro aumenta en 1.250 metros cadrados de superficie e xa está en uso
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que xa se pode aparcar na parcela alugada polo Concello para habilitala como aparcadoiro en Puxeiros.
Desde o día 4 de abril os vehículos poden estacionar no terreo cuxo expediente de contratatación, para o devandito aluguer da parcela para estacionamento na Avenida do Rebullón, foi aprobado en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local con data 29 de marzo.
A parcela alugada ten unha superficie útil de 1.250 m2. A administración local aboará unha cantidade mensual en concepto de aluguer. Para o gasto anual do alugueiro o Concello conta co crédito do importe total contemplado e reservado no orzamento vixente de gastos de 2023. A renda aboarase por anualidade vencida, previa presentación e tramitación da factura correspondente, mediante ingreso na conta corrente que indique a arrendadora.
Á vista da ubicación da parcela e a súa proximidade á Avenida de Puxeiros, onde se concentra o problema do estacionamento de vehículos, tendo en conta as condicións esixidas no expediente respecto da superficie necesaria para o estacionamento, acceso rodado a vía pública e orografía plana, así como a dispoñibilidade dos propietarios para alugar esta parcela por debaixo dos prezos de aluguer da zona, atendendo á valoración dos Servizos Técnicos, decídese alugar por parte do Concello para habilitala como aparcadoiro público gratuíto. Fin para a que se atopa aberta dende o pasado martes 4.