Sociedad | Actualidad

Vimianzo contará cun novo servizo de apoio psicolóxico a domicilio

Está dirixido ás persoas de máis idade que, por diversas razóns, precisen deste tipo de acompañamento ao atoparse nunha situación e soidade non desexada

Cadena Ser

Vimianzo

Trátase dun servizo de apoio psicolóxico a domicilio dirixido ás persoas e máis idade que, por diversas razóns, precisen deste tipo de acompañamento ao atoparse nunha situación e soidade non desexada. Estará coordinado dende os servizos sociais municipais será posto en marcha por PsicoNova, unha plataforma especializada no desenvolvemento de proxectos sociais nas áreas de envellecemento, igualdade, saúde e educación.

Entre as accións que se contemplan están a avaliación de estados de ánimo e cognitivo, adestramento de funcións cognitivas, , acompañamento, promoción e participación en actividades sociais colectivas ou a intervención sobre a autoestima.

A iniciativa do concello vimiancés conta co apoio da Deputación e poñerase en marcha nas vindeiras semanas e forma parte do plan local de loita contra a soidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00