José Tomé "O Sr. Feijóo non tivo ningunha empatía coa provincia de Lugo e máis ten débedas históricas coa nosa provincia".
Entrevista en A Vivir Galicia ao presidente da Deputación de Lugo, alcalde de Monforte de Lemos e secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo.
Entrevista a José Tomé
Santiago de Compostela
Despoboamento
“Ou acercamos os servizos públicos ó rural ou o rural se nos despoboa, dígase o que se diga, a realidade é esa”. “Ten que haber un pacto de estado en relación con esto e ,desde logo, temos que deixar de ver que cada concello ten que ser o embigo dun polígono industrial...o importante é que tiren as cabeceiras de comarca”.
Relacións coa Xunta de Galicia.
“Eu espero, que mentres dure a lexislatura, que o actual presidente, Sr. Rueda, teña outra sensibilidade coa provincia de Lugo que non tivo o Sr. Feijóo. Desde logo o Sr. Feijóo non tivo ningunha empatía coa provincia de Lugo e máis ten débedas históricas coa a nosa provincia” (Ronda Leste de Lugo, porto seco de Monforte de Lemos, tema sanitario, a variante da costa...).
Eleccións municipais na provincia de Lugo.
“Eu diría que moi ben (para o PSdeG-PSOE), eu diría que o Partido Popular está moi nervioso na provincia de Lugo. Vamos a manter as alcaldías que temos e conseguir algunhas máis, vamos manter a capital de provincia e vamos manter a Deputaciónl”.
Elena Candia en relación a José Ramón Gómez Besteiro.
“Polo menos debería pedir perdón, debería pedir perdón a José Ramón Gómez Besteiro...ela foi a que levou un suposto anónimo que, curiosamente, di que perdou o sobre, ou que non sabe onde o meteron ou se o reciclaron...non sei que lle pasa ao Partido Popular que ten moitos problemas cos sobres”. “A señora Candia, como mínimo, debería pedir perdón e deixar de mentir aos lucenses”.
José Ramón Gómez Besteiro candidato do PSdeG-PSOE a Xunta de Galicia.
“Gómez Besteiro é un afiliado máis, moi importante, e que terá a opción a presentarse ás primarias socialistas e polo tanto ser candidato a Xunta de Galicia. Desde logo o señor Rueda está nervioso... o ambiente político cambiou dende hai un tempo”.