Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Joel Gómez: "Había taxistas que se negaban a ir a Vite por medo"

O xornalista publica "Vite de Compostela. A comunidade (auto-) construída", 25 anos na historia do barrio

Joel Gómez: "A veciñanza de Vite loitou e conseguiu melloras"

Joel Gómez: "A veciñanza de Vite loitou e conseguiu melloras"

00:00:0014:22
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Santiago de Compostela

Joel Gómez, xornalista que exerceu durante 41 anos na delegación compostelá de La Voz de Galicia, vén de presentar un texto que leva tempo escrito pero que viu a luz recentemente en forma de publicación. Chámase Vite de Compostela. A comunidade (auto-) construída e está incluído na colección de divulgación do Instituto de Ciencias do Patrimonio CSIC.

O texto conta a transformación de Vite dende o ano 1978, no momento da construción do polígono de vivendas. Relata a intrahistoria dun dos barrios máis activos de Santiago a nivel asociativo coa base na Coordinadora. Un dos capítulos leva por título "Da lenda negra á lenda rosa" que podería ser o resumo do que aconteceu nesas décadas. "Vite foi nos oitenta o barrio máis novo de Santiago, tiveron que facer o colexio Vite II e o instituto Xelmírez II que chegou a ter mil alumnos", conta Joel que tamén lembra na publicación as dificultades na convivencia do principio e a loita contra a drogas que fixo moito mal entre a xuventude, "había taxistas que se negaban a ir a Vite por medo".

O volume está disponible para os lectores na edición dixital con acceso a través da web do CSIC ou do Instituto de Ciencias do Patrimonio. A versión impresa repártese os luns de 11:30 a 13:30 no centro sociocultural de Vite, no espazo de Vite Arquiva.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir