O paro sigue descendendo na Costa da Morte
Abril deixou 179 desempregados menos. No último ano rexístrase unha baixada de 474 parados
Costa da Morte
O desemprego na Costa da Morte continúa coa súa tendencia á baixa. Os datos do mes de abril confirman un descenso do paro de 179 persoas. No último ano foron 474 os que abandoaron as listas do desemprego.
Datos por Comarcas
Por comarcas, a que mellor comportamento rexistrou foi a de Fisterra, onde o paro caeu en 83. O maior descenso experimentouse en Cee, con 39 novos empregos, seguido por Fisterra (19), Muxía (12), Corcubión (7) e Dumbría (6).
Na zona de Bergantiños A Laracha liderou o descenso de desempregados con 30 colocacións. O paro baixou en concellos coma Ponteceso (16), Malpica (10), Laxe (9) e Cabana (5). A capital comarcal, Carballo, foi a única excepción xa que pasaron de 1.992 persoas rexistradas nas oficinas de emprego a 2.006.
Nas Terras de Soneira destaca a baixada rexistrada en Zas cun descenso de 20 persoas, acompañado nesa tendencia por Camariñas e Vimianzo con 10 persoas menos desempregadas.
En Mazaricos o descenso foi de tres persoas, mentras que en Carnota aumentou en cinco.