Política

Debate a catro en Ames, o concello dialogante

Os candidatos de PSOE, PP, BNG e Podemos debaten no arranque da campaña no Hoy por Hoy Santiago

Debate en Ames, o concello dialogante

Debate en Ames, o concello dialogante

30:43

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1683906620056/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

Ames é unha "rara avis" en política. Non é extraño que as iniciativas que se levan a pleno sexan aprobadas por unanimidade. Goberna un tripartito composto por PSOE, BNG e Contigo Podemos cando, matemáticamente, bastaría cun bipartito. A pesares disto, por suposto, tamén hai oposición, diferentes propostas e matices sobre o día a día do concello e as súas necesidades. No Hoy por Hoy Santiago debate a catro con Blas García, candidato do PSOE, Oliva Agra, cabeza de cartel do PP, David Santomil do BNG e Vanessa Vidal, candidata de Podemos.

O debate estructurouse en tres bloques, o modelo de municipio axeitado para Ames, a mobilidade e os servizos sociais.

O candidato á reelección, o socialista Blas García puxo en valor as medidas de conciliación impulsadas polo seu goberno nos últimos anos. A súa principal competidora, Oliva Agra, centrou as súas propostas no ámbito da mobilidade; quere exportar a Ames o modelo do transporte metropolitano da Xunta para mellorar a conexión con Santiago e tamén co rural do propio municipio. Foi precisamente o rural o asunto que provocou máis friccións entre os candidatos. Blas García e Oliva Agra sacaron peito das súas respectivas visitas ó rural mentres que o nacionalista David Santomil insistiu na necesidade de mellorar a conexión de Ames coas súas parroquias e reivindicou os anos de goberno do BNG. A candidata de Podemos, Vanessa Vidal avanzou que se gobernan apostarán por un transporte sostible e pouco contaminante.

No bloque centrado nas políticas sociais houbo acordo na necesidade de poñer o foco na atención ós maiores. Tanto PSOE, como PP, BNG e Podemos están dacordo na necesidade de que Ames conte cun centro de día. O candidato socialista puxo tamén enrriba da mesa a súa intención de ampliar o equipo municipal de traballo social se goberna os vindeiros catro anos.

No minuto final, cada candidato aproveitou para lanzar as últimas mensaxes ós electores de Ames que escollerán o vindeiro goberno do municipio o 28M.

Vanessa Vidal, de Podemos, afirmou que "en Podemos temos moi claro o modelo de concello no que queremos vivir no que a súa veciñanza poda disfrutar, que sexa un territorio aberto, amable, transparente, participativo, feminista, diverso e accesible porque temos que mirar cara ás persoas con discapacidade. Queremos un concello dinámico con oportunidades para a mocidade, que dea moita importancia á saúde emocional, implementando políticas que permitan recuperar os espazos públicos. Podemos veu para quedar pero sobre todo para gobernar".

Dende o BNG, David Santomil enfatizou que "cando o BNG de Ames goberna, Ames avanza. Xa sabemos o que aconteceu no goberno en solitario do partido socialista en 2007 e como rematou esa maioría absoluta do PP en 20211. O BNG o que di, faino. Vímolo demostrando nas áreas que xestionamos e que agora queremos ampliar. Os nosos feitos aválannos. Ames é referencia no ámbito da conciliación, da cultura, da mocidade, da defensa da lingua e queremos trasladar esa iniciativa a todas as áreas de goberno cunha nova alcaldía do BNG con políticas que levan a marca do BNG".

Oliva Agra, a cabeza de cartel do PP, apostou por " un Ames mellor no que as miñas fillas teñan un futuro e non teñan que marchar fóra á procura de oportunidades porque aquí non as hai. Que teñan un concello coas portas abertas, que ofreza oportunidades ós mais novos e ós maiores, un concello novo apoiado na experiencia, un Ames inclusivo, acolledor e para todos, que cree emprego, garanta os servizos públicos, en definitiva, un Ames de oportunidades e non de problemas. O único que pido é que o 28M, cando o PP goberne, a oposición faga o mesmo que fixemos nós durante estes catro anos, poñer o interés dos veciños por riba das siglas".

O candidato do PSOE, Blas García, pechou coa súa mensaxe o último minuto do debate. "O 28M os veciños de Ames van escoller alcalde para os vindeiros catro anos. Aqueles que queiran que o seu alcalde sexa unha persoa próxima e accesible, que escoite e atenda ás necesidades de cada un dos veciños, teñen que votar ó partido socialista. Aqueles que queiran que Ames continúe medrando, progresando e sendo un referente en educación, medio ambiente, servizos sociais, teñen que votar PSOE. No partido socialista demostramos durante estes oito anos a nosa capacidade de xestión e todo o mundo pode valoralo. Tamén estamos a construir o Ames do futuro cun Milladoiro humanizado, un novo Bertamiráns coa améndoa central e novo mercado e un rural coa mellora dos núcleos respetando a contorna e dotación de servizos".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00