Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Perfil de Jorge Ulla | A felicidade resúmese no achuchón dos fillos

O candidato do PSOE á Alcaldía de Narón responde a un test de dez preguntas para coñecer mellor as súas inquietudes e gustos

O candidato socialista á Alcaldía de Narón (foto: PSOE Narón)

O candidato socialista á Alcaldía de Narón (foto: PSOE Narón)

Narón

Entrar pola porta e que os tres fillos corran a abrazalo. Nese achuchón atopa a felicidade o candidato do PSOE á Alcaldía de Narón, Jorge Ulla. É a cara nova na política naronesa, xa que se presenta por primeira vez ás eleccións municipais.

O candidato socialista defínese coma unha persoa leal, comprometida e xusta. Para a súa familia e amizades é extrovertido, simpático e locuaz. Axudar aos demais e resolver situacións inxustas son dúas pezas do motor que move a Jorge Ulla e pasar pouco tempo coa familia é o que máis lle pasa factura.

Non dubida en afirmar que o mellor de Narón é a súa xente e bota en falta un recoñecemento institucional que permita á localidade atraer investimentos e recursos públicos para ter máis empresas e mellores servizos. Todo á altura da oitava cidade de Galicia.

Hometown de Bruce Springsteen é a canción preferida do candidato do PSOE, pero se tivera un orzamento ilimitado en Cultura contrataría a Coldplay para que actuara no Pazo. Recoñece que por mor da campaña electoral se vai perder o concerto da banda en Coímbra.

Non está en Portugal, senon en Italia, en Florencia e a zona da Toscana, o seu lugar predilecto fóra de Narón. No municipio, decántase pola praza da Gándara, onde aprenderon a camiñar os seus fillos. A súa película preferida é Big Fish; a serie: Lost e como libro elixe Rebelión en la granja.

A onde lle levan as lembranzas dos veráns da infancia a Jorge Ulla? A unha aldea da Terra Chá de Lugo. Alí aprendeu a nadar, vivíu os primeiros amores e entendeu a relevancia, a importancia, das nosas raíces culturais como pobo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir