Actualidad

Debate a tres en Oroso nas primeiras municipais en dúas décadas sen Manuel Mirás na alcaldía

Os candidatos de PSOE, PP e BNG debaten no Hoy por Hoy Santiago no ecuador da campaña

Debate en Oroso nas primeiras municipais en dúas décadas sen Manuel Mirás na alcaldía

Debate en Oroso nas primeiras municipais en dúas décadas sen Manuel Mirás na alcaldía

32:28

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1684511203033/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Debate a tres no salón de plenos do concello de Oroso, en Sigüeiro, ante unha cita electoral que neste municipio ten varias novidades. É a primeira vez que o actual alcalde, o socialista Luis Rey, é cabeza de cartel nunhas eleccións despois da marcha ó Senado do veterano Manuel Mirás. Hai catro anos, a maioría absoluta escapou por un puñado de votos o que fixo que o PSOE sumara os seus 6 concelleiros co que obtivo o BNG de Isabel Fernández. A estas eleccións concorre tamén Álex Doval como candidato do Partido Popular. É a terceira vez que o intenta. Exerce de portavoz do PP no concello dende 2015. Nesta ocasión, Oroso Renovable, que hai 4 anos tivo 2 concelleiros, non se presenta e non asistiu ó debate Jaime Carneiro de Alternativa Oroso, nova formación nesta convocatoria, porque o criterio que aplicamos para o debate foi que os participantes xa tiveran representación no municipio.

¿Manterá Luis Rey o tirón de Manuel Mirás? ¿Acadará a maioría absoluta? ¿Dará o PP de Alex Doval a sorpresa? ¿Que efecto terá no reparto de concelleiros a nova formación Alternativa de Oroso? Son preguntas que terán resposta o día 28.

No debate no programa Hoy por Hoy Santiago houbo unanimidade entre PSOE, PP e BNG nun asunto, a necesidade de ampliar o polígono industrial San Martiño II. Dese xeito "haberá máis empresas que se ubiquen no concello e creen postos de traballo", sinalou Luis Rey.

O candidato socialista puxo en valor que o concello está saneado, que ten un orzamento de 8.300.000 euros e case dous millóns de inversión cun aumento de gasto en todas as partidas.

O candidato do PP, Alex Doval apostou por outorgar axudas directas para comprar no concello e a hostalería local. Tamén defendeu a necesidade de que o sector hostaleiro se una para crear unha asociación e organizar actividades dinamizadoras.

Dende o BNG, Isabel Fernández insistiu na necesidade da gratuitidade do tramo da AP9 entre Sigüeiro e Santiago para favorecer o asentamento de empresas no municipio.

Con respecto ós investimentos da Xunta de Galicia no concello tiveron lugar os momentos máis tensos do debate. O candidato do PP, Alex Doval, afeou ó alcalde e cabeza de cartel socialista que non solicitara os obradoiros de emprego da Xunta nos últimos dez anos. Luis Rey respostou que o goberno galego sempre da un "non por resposta" cando as iniciativas parten do concello de Oroso e botoulle en cara a Doval a situación do CEIP de Sigüeiro, centro escolar que necesita unha profunda remodelación que leva moitos anos agardando sen que a consellería de Educación atenda esa necesidade.

Con respecto á mobilidade, quedou claro que o transporte metropolitano impulsado pola Xunta é manifestamente mellorable. "Non pode ser un autobús cada catro horas, ten que ter frecuencias constantes para atender a estudantes e traballadores", afirmou Luis Rey. Isabel Fernández lembrou que "o monopolio de Monbús é un problema". Álex Doval recoñeceu que en núcleos como Porto Avieira o transporte metropolitano non satisfai as necesidades da veciñanza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00