Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Perfil de Iván Rivas | Un soñador ao que lle gusta todo de Ferrol, até as súas imperfeccións

O candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol responde a un test de dez preguntas para coñecer mellor as súas inquietudes e gustos

Iván Rivas, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol (foto: BNG Ferrol)

Iván Rivas, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol (foto: BNG Ferrol)

Ferrol

A procura da verdade, a curiosidade, a motivación polas cousas e a vontade de cambio son o motor que move a Iván Rivas, candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Unha persoa tímida, segundo a súa familia e amizades, mentres que el considérase reservado, soñador e libre.

Rivas atopa a felicidade en poder decidir, até certo punto, en que empregar a vida. Pola contra, esa felicidade desvanécese ante as situacións de impotencia. Que é o que máis lle gusta de Ferrol ao candidato do Bloque? Asegura que todo, até as súas imperfeccións. Aínda que admite que á cidade fáltalle saír da atonía.

Marmadeiro é o lugar predilecto de Iván Rivas dentro de Ferrol e fóra da cidade quédase ben preto, en Cedeira. A un pouco máis lonxe, pero tampouco moito, lévanlle as lembranzas dos veráns da infancia, atesouradas na montaña de Lugo e no tempo de lecer co seu curmá e co seu irmá.

A película favorita do candidato nacionalista é Aftersun; a serie The Newsroom; un libro A Montaña máxica e a canción Tempestades de sal. Se Iván Rivas tivera un orzamento ilimitado, a quen traería ás Festas de Verán de Ferrol? A Fillas de Casandra, Baiuca ou A Garota Não e algo que lle recomende Pepe Cunha.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir