A Guarda aproba o inicio da licitación do Servizo de Axuda no Fogar
Aprobouse por unanimidade nun pleno extraordinario previo as eleccións municipais

Pleno extraordinario celebrado en el concello da Guarda

A Guarda
O pasado venres día 19 celebrouse un pleno extraordinario no concello da Guarda no que aprobáronse, por unanimidade, os pregos para iniciar a licitación do servizo de Axuda no Fogar (SAF). O alcalde Antonio Lomba manifestaba que “era un compromiso iniciar a licitación deste servizo nesta lexislatura e apuramos ata o último momento para conseguilo. Trátase dun servizo esencial que presta o concello e necesitamos darlle estabilidade e tranquilidade, tanto ás traballadoras como aos usuarios e usuarias”.
Ademais leváronse a esa sesión outras propostas importantes na orde do día que na maioría dos casos foron suplementos de crédito para facer fronte a obrigas municipais. Un delas foi para pagar a última factura do pavillón da Sangriña e poder así recibir a subvención da Secretaría Xeral para o Deporte. Neste punto abstivéronse o PP e Converxencia Galega.
Outra proposta foi un suplemento de crédito para facer fronte ao préstamo que o concello solicitou para a construción da Escola Infantil Galiña Azul. Así como o suplemento que se realizou para afrontar facturas correspondentes a gastos correntes de 2022 que non se contabilizaran por entrar tarde no concello. Estes suplementos prosperaron a pesar da abstención dos grupos do PP, BNG e CG, cos únicos votos favorables do equipo de goberno do PSOE.
Tamén se levou a pleno un crédito para facer fronte ás subidas salariais que lles corresponden aos traballadores municipais por lei. Neste caso o crédito foi aprobado coa abstención do PP.

Marci Varela
Vigo (1987) Presentador habitual de La Ventana Metropolitana y el Hoy por Hoy Baixo Miño. Narrador de...




