Eleccións municipais 2023: a debate Barbadás
Ramón Padrón (Iniciativa Veciñal Partido Galego), Daniel Rey (Democracia Ourensana), Xosé Carlos Valcárcel (PSOE) e Sarín Núñez (BNG) debaten en Radio Ourense
La Ventana de Ourense (16/05/2023)
Ourense
As eleccións municipais celébranse o 28 de maio e a campaña xa está en marcha. En Radio Ourense Cadena SER preparamos debates relativos a distintos municipios da provincia co obxectivo de que os distintos candidatos e candidatas con representación poidan amosar á cidadanía os seus plans de futuro para o municipio.
Desta volta, estiveron no estudio Ramón Puga Ramón Padrón (Iniciativa Veciñal Partido Galego), Daniel Rey (Democracia Ourensana), Xosé Carlos Valcárcel (PSOE) e Sarín Núñez (BNG) amosando as súas propostas para Barbadás. Quedou baleira a cadeira de Consuelo Vispo, candidata polo Partido Popular, que declinou o convite por "motivos de axenda".