María Rozas: "O futuro de Santiago non o pode escribir Bugallo"
A candidata de Compostela Aberta afirma que dependerá do resultado electoral un posible veto a Sánchez Bugallo para a investidura como alcalde
María Rozas: "O futuro de Santiago non o pode escribir Sánchez Bugallo"
11:44
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1684932225934/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
María Rozas cree que "o futuro de Santiago non o pode escribir Sánchez Bugallo". A candidata de Compostela Aberta non descarta un veto a Bugallo se os resultados do 28M certifican o desgaste da figura do rexedor que a súa formación observa na cidade. Preguntada sobre ese hipotético veto responde que "esa será unha decisión que se tome despois do 28 de maio, non será unha decisión de María Rozas, senón do conxunto da organización". O que si certifica é que é moi crítica con Sánchez Bugallo, "para min é un alcalde de tempo pasado e Compostela quere futuro, non as mesmas receitas resesas de fai trinta anos que xa demostraron que non funcionan".
Con respecto a posibles pactos, recoñece que Compostela Aberta, PSOE e BNG teñen afinidades programáticas en varias materias e tamén diferencias na forma de gobernar. "Nós non somos ese partido que fai promesas e promesas e despois non cumpre, somos xente honesta", explica María Rozas. Apunta tamén diferenzas co BNG en materia de vivendas de uso turístico, "Compostela Aberta sempre defendeu a limitación dos pisos turísticos e o Bloque non". Tamén en materia de mobilidade porque "nós non queremos máis aparcamentos no centro de Santiago, non temos un problema de prazas de aparcamento senon de prezos por estacionar". A pesar das distancias, salienta que "Compostela Aberta é unha formación política que é capaz de chegar a acordos".
A candidata de Compostela Aberta márcase como reto algo básico, "xestionar o concello, algo que fallou nos últimos catro anos". Tamén as políticas de vivenda, de conciliación pública, as políticas educativas, facer, en definitiva, de Santiago unha mellor cidade na que vivir.