Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

O Rosal pecha o ciclo ‘Cafés en igualdade’ falando da presión estética

A psicóloga Andrea Iglesias falará dos estereotipos de beleza ou da moda e a súa relación cos trastornos alimentarios

Charla de Erea Devesa dentro de ciclo 'Cafés en Igualdade' que organiza el Concello do Rosal

O Rosal

Pecha esta semana en O Rosal o ciclo de ‘Cafés en igualdade’, un programa creado polo Concello para xerar un espazo de reunión íntima entre mulleres para falar de temas de interese, unha burbulla de lecer persoal dunha hora ao mes na que poder conversar como se se estivera cun grupo de amigas de diferentes temáticas, ofrecendo un pequeno balón de osíxeno na loita diario po a conciliación familiar, laboral e persoal real.

Será a quinta e última sesión da tempada, na que psicóloga rosaleira Andrea Iglesias afondará con todas as participantes sobre a presión estética, abordando os estereotipos de beleza, a ditadura dos canons estéticos e a moda actual e a súa relación con trastornos alimentarios. Neuropsicóloga clínica e psicóloga xeral, Iglesias é especialista en saúde mental e terapias psicolóxicas. A cita será este xoves 25 de maio de 17.30 a 18:30 horas no Salón de Exposicións do Concello, con servizo de cafetería da Tapería A Praza.

Os ‘Cafés en igualdade’ retomaranse en outubro con novas temáticas a abordar. O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00