Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Os ataques persoais cólanse no debate electoral de Corcubión

Os candidatos á alcaldía de Corcubión achegáronse ata Radio Nordés para amosar as súas propostas de cara ao próximo mandato

A Coruña

Penúltimo debate desta campaña cara o 28M. Os candidatos á alcaldía de Corcubión achegáronse ata Radio Nordés para amosar as súas propostas de cara ao próximo mandato, pero case dende o inicio os ataques persoais protagonizaron e complicaron o debate.

O candidato do PSOE e actual alcalde, Lalo Insua, acusou ao representante do BNG de non ter colaborado como o resto de traballadores do concello durante a pandemia, acusación que negou Francisco Domínguez “Drok”. Pero o candidato socialista insistiu chegando a acusar ao nacionalista de traer a COVID para o concello, facendo alusión a unha viaxe a Madrid. Foi neste momento onde a situación se puxo máis tensa, co candidato do BNG amagando con abandoar o debate se continuaban as acusacións falsas.

Xa na recta final do debate foi o candidato nacionalista quen acusou aos socialistas de querer dar un “pelotazo” urbanístico.

O resto de candidatos mantivéronse ao marxe destas acusacións aínda que tamén fixeron duras críticas á xestión do actual goberno e todos se comprometeron a traballar para abrir o centro de día.

Alfredo González, de Sempre Corcubión, cualificou de indecencia que se anunciara a subvención para remodelación da Praza Castelao en plena campaña. Pepe Domínguez do Partido Popular insistiu ao longo do debate en que o seu principal obxectivo e conseguir a construción do porto mixto e José Ramón Rojo do PACor insistiu na necesidade de acometer o PXOM e propuxo a construción dunha piscina natural na vella dársena.

O venres pechamos a campaña co debate do concello de Ponteceso. Todos os celebrados pódense ver na canle de YOUTUBE de Radio Nordés (www.Youtube.com/@radionordes)e escoitarse o podcast dende radionordes.com

Raio Nordés completará a programación especial do 28M cun programa na noite do domingo dende as 20.30 horas no que haberá análise e a última hora do reconto en todos los concellos da bisbarra.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir