Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

PP e PACor deben agardar

Non hai resolución definitiva á reclamación presentada por José Ramón Rojo

Corcubión

Corcubión inda non coñece a composición final da súa corporación municipal. O edil que se disputan Partido Popular e PACor na vila de San Marcos inda non ten dono. A Xunta Electoral de Zona resolveu manter o reconto efectuado pola mesa e conceder 24 horas máis ao Partido Autonómo de Corcubión para que presente un escrito motivando a súa reclamación.

A acta da mesa A recolle a reclamación efectuada polo Partido Autonónomo de Corcubión solicitando a anulación dun voto ao PP, algo que de suceder devolvería o edil perdido á formación de José Ramón Rojo. O reconto oficial realizado esta mañán na Xunta Electoral de Zona mantén o reconto efectuado pola mesa, xa que non teñen atribucións para anular un voto que foi dado por válido. Iso sí, recoñecen a incidencia e conceden 24 horas a PACor para que presente por escrito a súa reclamación e que poida ser resolta polo órgano competente.

A polémica xurdiu durante o reconto do pasado domingo, ao aparecer unha papeleta do Partido Popular na que os nomes dos candidatos estaban rodeados cun círculo feito con rotulador. O voto inicialmente foi validado e ao final da noite servía para que os populares sumasen a segunda acta en detrimento dun PACor que perdía o seu único concelleiro. A corporación corcubionesa estará formada por 4 edís do BNG, 2 do PSOE, 2 do PP e 1 de Sempre Corcubión. De prosperar a impugnación de José Ramón Rojo, PP, Sempre Corcubión e PACor quedarían cun acta cada un.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir