Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Convocado o pleno de investidura en Corcubión

A secretaria convocou o pleno para o sábado ás 12 ante a sorpresa dos grupos políticos

PP e PACor agardan a resolución da Xunta Electoral Central sobre a validez desta papeleta

PP e PACor agardan a resolución da Xunta Electoral Central sobre a validez desta papeleta

Corcubión

Se en Ponteceso, Muxía e Fisterra esperan ao sábado para coñecer quen será seu alcalde ou alcaldesa, en Corcubión nin sequera saben se haberá sesión constitutiva nese día. Esta mañán a secretaria do concello convocou o primeiro pleno da lexislatura sen que inda se coñeza a composición definitiva da corporación.

PP e PACor teñen unha reclamación na Xunta Electoral Central para dilucidar a quen pertence un concelleiro. Estaba previsto que a resolución se fixese pública o venres pola tarde pero a día de hoxe inda non hai dictame. Legalmente é preciso convocar o pleno con 72 horas de antelación e ante a posibilidade de que se supere ese prazo, citou aos concelleiros para o sábado ás 12 para proceder á elección de alcalde.

A situación é paradóxica xa que a Xunta Electoral de Zona non era partidaria da convocatoria nestas circunstancias. Ese organismo debe emitir as credenciais que acreditan a condición de concelleiro electo, cousa que inda non fixo. De coñecerse nas próximas horas a resolución por parte da Xunta Electoral Central a convocatoria tería plena validez. Pero inda quedaría aberta a posibilidade dun aprazamento xa que se PP ou PACor elevan un recurso sobre esa decisión, o pleno sería desconvocado á espera de ter o dictame definitivo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir