Pon a proba o teu galego coa app Ximnasio Léxico
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron esta mañá Ximnasio Léxico, unha aplicación para iPhone e Android que xa está dispoñible para a súa descarga

A RAG e a Fundación Barrié presentan a app de xogos de palabras ‘Ximnasio Léxico’
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron esta mañá Ximnasio Léxico, unha aplicación para iPhone e Android que xa está dispoñible para a súa descarga. Ximnasio Léxico, que está baseada no dicionario da RAG, é unha app tipo xogo coa que a institución académica busca que aprendamos ou afiancemos o noso galego. Únese así ao resto de recursos que contribúen á divulgación do idioma propio e que forman parte do Portal das Palabras, que este ano cumple unha década en funcionamento. "A consolidación dun idioma do e para o século XXII", afirmou o presidente da RAG.
Victor Freixanes estivo acompañado da directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, quen explicou que este proxecto remóntase a dous anos atrás debido ás dificultades técnicas que supuxo o seu desenvolvemento. O resultado, unha app "intuitiva e accesible para todos os públicos", con varios tipos de xogos, como o aforcado ou as sopas de letras. Son varios os niveis de dificultade polos que iremos pasando a medida que avancemos nos mesmos.
A app foi testada, ademais de por académicos e desarrolladores, por alumnado de distintos centros educativos co obxectivo de buscar posibles fallos antes do seu lanzamento. Ademais, co inicio do curso escolar a RAG realizará unha campaña específica de difusión nas escolas e intitutos, xa que o seu presidente considéraa como unha ferramenta "fundamental" como complemento das clases.
Hoy por Hoy A Coruña
Escuchar
10:01
Escuchar
14:48
Escuchar
07:29
Escuchar
01:19:45
Escuchar
06:28
Escuchar
03:11
Escuchar
05:50
Escuchar
21:13
Escuchar
06:35
Escuchar
20:21
Escuchar
01:33:33
Escuchar
04:15
Escuchar
07:10
Escuchar
17:08
Escuchar
13:21




