Un home perde a vida ao caer co seu coche no peirao de Laxe
Sucedeu a primeira hora desta mañán

O corpo foi traladado aos locais da Cruz Vermella, no peirao de Laxe

Laxe
Un home faleceu esta mañán ao caer co seu vehículo no peirao de Laxe. Trátase de Ricardo Amando Santiago duns 65 anos de idade e veciño de Serantes. O 112 recibia un aviso ao redor das nove e media da mañá deste luns alertando de que un coche se precipitara á auga no porto. Inmediatemente se iniciou un operativo que mobilizou á Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, GES de Ponteceso e Bombeiros de Carballo.
Poucos minutos depois un mergullador que estaba na zona extraendo navalla logrou rescatar aínda con vida á vitima que faleceu minutos despois. Nada máis ser retirado da auga o seu corpo xa sen vida foi trasladado aos locais da Cruz Vermella mentres agardaban a chegada das autoridades xudiciais.




