Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Día Mundial ELA

Tui ilumina de verde a Casa do Concello polo Día Mundial da ELA

Este mércores 21 de xuño celébrase o Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica

A Casa do Concello de Tui tinguiuse de verde polo Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica, celebrado este mércores 21 de xuño.

Deste xeito, o goberno municipal responde á solicitude de asociacións para concienciar sobre a enfermidade e esixir máis investigación para aumentar a esperanza de vida dos pacientes con ELA.

Cada ano detéctanse en Galicia 50 novos casos dunha enfermidade que afecta na nosa comunidade a máis de 170 persoas.