Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

La Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Mostra de Teatro de Cangas

"El Avaro" de Moliére, Premio do Público da 40 Mostra Internacional de Teatro de Cangas

A obra foi adaptada e interpretada pola compañía andaluza Atalaya Teatro, que celebra o seu 40 aniversario

"El Avaro", de Atalaya Teatro, premio do público na 40ª Mostra de Teatro de Cangas, 2023

A compañía andaluza Atalaya Teatro celebra o seu 40 aniversario da mellor das maneiras posibles en Cangas: recibindo o Premio do Público desta tamén 40 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras emiten ao final de cada obra no Auditorio. Ao finalzar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración. Despois de puntuar, só teñen que introducir o papel nunha urna, que permaneceu pechada até a finalización de todos os espectáculos representados no Auditorio, o sábado 8 de xullo.

"El Avaro" recibiu unha valoración de 4,94 puntos sobre 5. A segunda e terceira obra máis votadas polo público foron, respectivamente, "In petto" (Okidok), cunha valoración de 4,85 puntos; e "Los Días Ajenos de Bob Pop" (El Terrat), con 4,79 puntos.

"El Avaro" é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. A obra amosa o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano, onde se levan ao extremo os problemas xerados polo diñeiro e o poder, o que resulta, lamentablemente, de notable actualidade. Ao tempo percíbese o maltrato que Harpagón proporciona aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo.

Con oito actores e actrices en escena, o espectáculo enmárcase nos grandes proxectos da compañía, e máis en concreto, entre os que se presentan en clave de musical.

Carmen Gallardo, Silvia Garzón, Selu Fernández, María Sanz, Enmanuel García, Garazi Aldasoro, Raúl Vera e Lidia Mauduit conforman o elenco de actores e actrices da obra, dirixida e adaptada por Ricardo Iniesta.