Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A recta da Anchoa: limitada a 50 e sen adiantamentos

A alcaldesa de Fisterra pactou a modificación co xefe territorial de Infraestructuras

Os veciños da recta da Anchoa mobilizáronse logo do último atropelo que deixou una vítima mortal

Os veciños da recta da Anchoa mobilizáronse logo do último atropelo que deixou una vítima mortal

Fisterra

Os problemas de seguridade na entrada de Fisterra poderían ter os días contados. A alcaldesa Áurea Domínguez mantivo unha reunión co xefe territorial da Consellería de Infraestructuras para buscar solucións aos problemas de seguridade viaria existente na principal vía de acceso a Fisterra.

Na xuntanza, os representantes do goberno autonómico amosaron a súa vontade para limitar a velocidade na recta a 50 km/h. Ademáis os adiantamentos estarán prohibidos en toda a vía. Con estas dúas medidas téntase garantir a seguridade dos veciños que viven á beira da estrada.

Non foi a única medida pactada coa Xunta, xa que tamén se dou luz verde á instalación de dúas marquesinas en Sardiñeiro, algo que a alcaldesa califica de "demanda histórica" para facilitar as esperas polo autobús.

Para a alcaldesa resulta sorprendente que "durante décadas ningún alcalde fixera as xestións necesarias para que se adopte algún tipo de medida para mellorar a seguridade na recta da Anchoa e, sorprende máis, cando se viñeron producindo accidentes mortais nesa recta".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir