Sonia Villapol “0 goberno que saia do 23X terá que apostar por investir máis en investigación”
A neurocientífica galega é unha das investigadoras máis recoñecidas internacionalmente e acaba de publicar “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” (Xerais, 2023).
Sonia Villapol "O goberno que saia do 23X terá que investir máis en investigación"
Santiago de Compostela
Nada na parroquia de Bretoña (A Pastoriza – Lugo) é a xefa do Laboratorio do Centro Médico do Hospital Metodista de Houston (Texas – EEUU) e profesora no Instituto Académico de Investigación do mesmo hospital. Estes días compatibiliza as vacacións e a presentación do seu primeiro libro “Consciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia” no que repasa o acontecido estes tres anos coa Covid-19 e suliña as leccións aprendidas que deberían servinos no futuro ante situacións semellantes.
O libro, editado por Xerais, está pensado para o gran público, autora de máis de 60 comunicacións científicas de relevancia, este é o seu primeiro libro de divulgación científica. Afirma que quizais o erro máis grave cometido durante a pandemia foi insistir na posible contaxio por contacto coas superficies, cando a maioria da comunidade científica o descartara un ano antes de admitilo a OMS, una ano e medio perdido que tería sido máis útil enfocado a outro tipo de prevención como a que se producía polo aire, a de aerosoles.
Entre os aspectos positivos está o avance en algunhas terapias ou métodos de investigación, como é o uso da Intelixencia Artificial. Ademáis de insistir na importancia de seguir apostando pola ciencia, tamén cre que hai que estudar e avanzar na solución da Covid persistente. Ademáis da Covid persistente, o equipo de Sonia Villapol, está traballando na cura dos ictus e do alzhéimer.
Próximas presentacións:
Lugo, no Vello Cárcere, o mércores 26 de xullo.
Vigo, Libraría Cartabón, o xoves 27 de xullo.
Taboada, Cuartel Vellom o sábado 29 de xullo.